Ir o contido principal

Seminario ‘Patrimonio e memoria do franquismo. Da ditadura á democracia’

13.11.2025 | 09.30h

Santiago de Compostela
Sala de Profesorado

Cuelgamuros
Cuelgamuros

Enmarcado no programa ‘50 años de libertad’ organizado pola Secretaría de Estado de Memoria Democrática, o grupo Hispona da USC desenvolve o xoves 13 na sala de profesorado da Facultade de Xeografía e Historia o seminario ‘Patrimonio e memoria do franquismo. Da ditadura á democracia’.

Coordinado polos profesores Emilio Grandío Seoane e Xose M. Núñez Seixas, neste encontro, e con ocasión do medio século da morte de Franco, preténdese informar, reflexionar e dialogar sobre os monumentos ou lembranzas que aínda tras este tempo permanecen con expresión de fitos ou valores fundamentais da ditadura.

Sete relatores, da USC pero tamén das Universidades de Barcelona, Autónoma de Barcelona, La Laguna, Complutense e CSIC, debaterán sobre o presente daquel pasado nunha estrutura dividida en tres sesións sobre a propia memoria que pretende consolidar: Ditadura, Guerra e Victoria.

Hispona (Historia política e dos nacionalismos) é un grupo de investigación centrado nos aspectos políticos, culturais e sociais do mundo urbano do século XX. 

Programa do encontro
Programa do encontro
Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.11.2025.