Os vindeiros 14 e 15 de novembro o UETeM Lab, vinculado ao CiMUS e ao IDIS, e a asociación de doentes AELIP organizan na Aula Magna do Pavillón Docente Nóvoa Santos, o XIII Simposio Internacional de Lipodistrofias. O evento contará con relatores de diferentes países como Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Alemaña, Países Baixos, Polonia, Italia e Portugal, ademáis do propio CIMUS e doutras partes do Estado, todas elas persoas especialistas no campo das lipodistrofias, obesidade e diabetes.
En particular, a conferencia de clausura do día 14, correrá a cargo de Christos Mantzoros, xefe de Medicina Interna da School of Medicine da Universidade de Harvard (EEUU) e editor xefe da revista Metabolism. Tamén se fará entrega do Celia Carrión Pérez de Tudela Award in Lipodystrophy Research, galardón apreciado entre a comunidade científica, sendo os anteriores premiados figuras eminentes nas lipodistrofias, diabetes e obesidade, como Giuseppe Novelli, da Università Tor Vergata di Roma en 2023, e Sir Stephen O’Rahilly, da Cambridge University en 2024.