O director de Publicacións asiste en Málaga á XXIII Asemblea da Unión de Editoriais Universitarias Españolas
O director do Servizo de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés, asiste ata o próximo venres 15 en Málaga á XXIII Asemblea Xeral da Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE), convocada baixo o lema ‘Impacto e proxección do libro universitario na era dixital’ e que contará coa participación dos/as responsables de 66 editoriais universitarias españolas. Como paso previo, está programada unha xuntanza da Xunta Directiva da Asociación para analizar o informe da xestión desenvolvida dende a súa elección hai un ano. Blanco Valdés, vogal da Xunta Directiva de UNE coa responsabilidade da área de difusión do libro universitario, centrará o informe da súa área, ademais de na consolidación dos catálogos dixitais Unelibros e Unerevistas e dos Premios Nacionais de Edición Universitaria como “buques insignia” da asociación, no desenvolvemento colectivo de tecnoloxías dixitais para edición de revistas e libros (OJS, OMP, xa implementadas na USC). Ademais tratará a necesidade de incorporar unha plataforma global para o préstamo e intercambio de libros universitarios electrónicos e no documento de orientacións xurídicas sobre propiedade intelectual na contorna dixital, elaborado pola súa área e enviado no pasado mes de abril a todos os asociados.