Ir o contido principal

A Igrexa da Universidade acolle un concerto de madrigais de Monteverdi

O conxunto instrumental e coral barroco do Conservatorio ‘Manuel Quiroga’ de Pontevedra ofrecerá este mércores 26 na Igrexa da Universidade o concerto ‘Madrigais de Monteverdi e música instrumental da época’. A actuación é unha iniciativa que desenvolve o profesor Carlos Villanueva da área de Música do Departamento de Historia da Arte. A partir das 20.00 horas e con entrada libre, o repertorio inclúe pezas de Monteverdi así como de Riccardo Rognoni, Giovanni G. Kapsberger e Dario Castello, que executará o conxunto de dez voces, entre sopranos, mezzo-sopranos, barítonos e un tenor, acompañados de dúas violas barrocas, outras dúas violas de gamba e unha tiorba e unha guitarra barroca.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2014.