https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/136345/carga.htm
O Consello Social é o órgano de participación da sociedade galega na Universidade que ten como finalidade impulsar a colaboración entre ambas para mellorar a calidade do servizo público da educación superior universitaria, contribuindo ao desenvolvemento social, económico, tecnolóxico, científico e cultural de Galicia e á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria.
Asemade, correspóndelle ao Consello Social a supervisión das actividades de carácter económico da Universidade, do rendemento dos seus servizos así como promover a colaboración da sociedade no financiamento da USC.
Actualidade
Diego Pérez Álvarez, o estudante mellor valorado nas prácticas externas do Consello Social
“Estas prácticas son unha gran oportunidade para ter unha primeira aproximación ao ámbito profesional ou descubrir novos e interesantes ámbitos de traballo”
Read more
Alumni-USC e o Consello Social lanzan unha nova convocatoria do premio Humanitas
As candidaturas presentaranse mediante escrito razoado a través do rexistro electrónico da USC dirixido ao Consello Social, ata o día 28 de novembro de 2025
Read more
“Temos que seguir sendo militantes na defensa da Universidade como unha institución autónoma”
O reitor Antonio López Díaz apelou á “lealdade institucional” no acto de apertura do curso universitario do SUG que se desenvolveu no Colexio de Fonseca, 530 anos despois de que se asentase o xermolo do que hoxe é a USC
Read more