Skip to main content

Preguntas frecuentes

Respostas a preguntas frecuentes sobre diversos temas

Respostas a preguntas frecuentes sobre a normativa de permanencia da USC nos estudos de Grao e Máster universitarios

Na USC podes matricularte a tempo completo e a tempo parcial.

O primeiro curso dos estudos de grao e máster a tempo completo é de 60 créditos, excepto cando o curso completo comprenda un número inferior de créditos. 

A matrícula a tempo parcial será de 30 créditos e as condicións estableceranse na convocatoria de matrícula.

Poden matricularse a tempo parcial: 

  • o estudantado que compaxine estudos e traballo,
  • aquelas persoas que pola concorrencia dunha causa de discapacidade non poidan asumir un número superior de créditos
  • e aquelas persoas que se encontren nunha situación persoal que aconselle este tipo de matrícula.

Deberá presentar o contrato de traballo acompañado da última nómina, o certificado de discapacidade expedido polo órgano competente ou xustificante que acredite suficientemente a concorrencia dunha situación excepcional.

No primeiro curso terá que superar cando menos unha materia obrigatoria.

Si, pode volver a matricularse de novo na mesma titulación no curso seguinte, pero nese novo curso deberá superar un mínimo de 30 créditos obrigatorios no caso da matrícula a tempo completo e de 15 créditos na matrícula a tempo parcial.

Se non supera os 30 créditos obrigatorios non pode matricularse de novo na mesma titulación durante os próximos catro anos, pero poderá matricularse noutra titulación da USC ou na mesma unha vez transcorridos os catro anos citados.

O alumnado de grao ten catro convocatorias con dúas oportunidades de avaliación por convocatoria, o que en total supón oito oportunidades de avaliación.

En cada curso académico pódese consumir unha convocatoria con dúas oportunidades de avaliación.

Cando o estudantado se encontre na cuarta convocatoria despois de ter concorrido ás tres convocatorias anteriores, poderá solicitar ser cualificado por un tribunal.

Tendo en conta que no sistema do EEES (Espazo Europeo de Educación Superior) a avaliación é continua, dependendo da asistencia e participación nas aulas, dos traballos realizados, das prácticas, etc., e non unicamente das probas finais, as convocatorias enténdense esgotadas aínda que o estudantado non se someta ao sistema final de avaliación.

No caso de non presentarse á proba final, a cualificación será a de “suspenso”, agás no caso de que a materia poida superarse atendendo ao realizado nas outras probas ou actividades, se así o permite a programación docente da materia.

Pode renunciarse á convocatoria sempre que concorra algunha causa de forza maior. Neste caso a solicitude de anulación da convocatoria será dirixida á Reitoría, que a autorizará ou denegará de forma motivada.

Cando unha persoa ten materias pendentes de cursos anteriores, ten sempre que matricularse das materias pendentes e despois das materias dos cursos máis avanzados, sempre que non superen o límite máximo de 75 créditos.

Unha persoa non pode matricularse do último curso con materias pendentes do primeiro, salvo situacións excepcionais debidamente autorizadas.

A matrícula do traballo de fin de grao pódese formalizar sempre que se teñan superados un mínimo de 150 créditos ou do número de créditos que se determine no Plan de estudos da titulación. Entre estes créditos deberán encontrarse os contidos na primeira metade da titulación. As circunstancias excepcionais estarán previstas por resolución reitoral.

O traballo de fin de grao pódese defender unha vez formalizada a matrícula, pero non se entenderá superado ata que se superen todas as demais materias do grao.

O traballo de fin de grao dá dereito a unha convocatoria por curso académico, podendo o estudantado elixir presentarse en xuño ou setembro. Tamén poderá presentarse o traballo en febreiro cando sexa a única materia que resta para finalizar os estudos ou ben coincida coa data de finalización deses estudos.

Respostas a preguntas frecuentes sobre a normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e derevisión de cualificacións na USC

A programación ou guía docente establece para cada materia as liñas xerais de desenvolvemento dela e o profesorado encargado de impartila.

Deberá especificar:  

  • Profesorado encargado da docencia indicando a persoa coordinadora cando son varios os que  a imparten.
  • Descritores da materia no plan de estudos
  • Número de créditos expositivos, interactivos, de laboratorio, etc.
  • Obxectivos da materia
  • Programa da parte teórica e práctica
  • Desenvolvemento do temario (con indicación, de ser posible, do tempo previsto para cada tema) especificando a docencia non presencial
  • Criterios e sistemas de avaliación (tipo e número de probas, traballos a presentar coas posibles datas de entrega de ser o caso, controis periódicos, etc.)
  • Bibliografía recomendada actualizada

Debe coñecer con antelación suficiente tanto as datas dos exames como os criterios de avaliación.

As probas oficiais de carácter global dun mesmo curso non poden coincidir en día e hora; debe o centro evitar que se realicen cunha diferenza inferior a 24 horas.

O alumnado poderá solicitar ao profesorado, e en todo o caso ao centro, que se facilite a realización das dúas probas.

Deberán publicarse antes de 30 de maio ou, en todo o caso, antes do prazo establecido para o inicio da matrícula do curso académico.

O alumnado ten dereito a coñecer os criterios e os sistemas de avaliación das materias, que deberán figurar en todo o caso na programación ou guía docente.

O sistema e criterios de avaliación serán determinados polo profesorado e aprobados polo Consello de Departamento. No caso de que exista diferenza entre as distintas oportunidades de avaliación, a programación ou guía docente terá que recoller os sistemas e criterios previstos para cada unha delas, incluíndo o sistema e criterios especiais para persoas repetidoras, se existen.

Dependo do previsto na programación ou guía docente da materia a asistencia a clase valorarase

  • como un factor máis na avaliación continua
  • como unha porcentaxe da nota global final
  • como un requisito para superar a materia, debendo neste caso estar expresamente contemplado na programación ou guía docente

A falla de asistencia á clase non poderá puntuarse negativamente, aínda que pode impedir a superación da materia tal e como se prevé no apartado anterior.

As faltas de asistencia poder xustificarse nos seguintes supostos:

  • A realización dun exame oficial ou proba selectiva na Administración pública, xustificada polo órgano avaliador
  • A asistencia a órganos colexiados en representación dun colectivo, acreditado mediante a presentación da convocatoria
  • O ingreso nun centro hospitalario ou consulta programada acreditado a través do xustificante do centro
  • A enfermidade que impida a presenza física no centro, debidamente acreditada
  • A folga ou paro académico colectivo
  • A enfermidade grave ou falecemento dun familiar ata o 2.º grao debidamente acreditado
  • O cumprimento dun deber público debidamente xustificado
  • Calquera outra causa de forza maior a xuízo do Decanato nos estudos de grao ou da persoa coordinadora nos estudos de máster

Cando o profesorado esixa a realización de determinadas actividades (prácticas, seminarios, traballos...) para a superación da materia, deberá precisalo necesariamente na programación ou guía docente. Tamén deberá precisar se a non realización destas actividades impide tamén a superación da materia nas oportunidades de recuperación.

Estas actividades poderán conservarse sempre que exista conformidade entre o profesorado responsable en cada un dos cursos.

Estas datas son acordadas polas xuntas de facultade ou órgano en quen delegue, coa participación da representación do estudantado nestes órganos.

As probas orais oficiais establéceas a xunta de facultade ou órgano en quen delegue da mesma forma e coa mesma publicidade que as probas escritas.

Para a realización destas probas o profesorado deberá convocar aquel estudantado que previsiblemente poida examinarse cada día.

As probas oficiais orais realizaranse na aula ou despacho que determine o profesorado e deberán ser públicas.

Cando as probas orais sexan as únicas probas da avaliación previstas na programación ou guía docente, deberán realizarse por un tribunal composto cando menos por dous profesores da materia, que deberá ser aprobado polo departamento. 

Estas datas só poderán modificarse por causas excepcionais e haberá que dar ás novas datas suficiente publicidade.

A avaliación ordinaria realizaraa o profesorado encargado da materia conforme aos criterios establecidos na programación ou guía docente.

 O alumnado nesta situación poderá solicitar que se lle fixe un día e hora diferentes.

Ten dereito a coñecer os resultados da avaliación nun tempo razoable, que salvo casos excepcionais non poderá ser superior a 15 días.

O profesorado deberá conservar o material referente ás probas oficiais ata a finalización do curso académico seguinte.

As datas para a revisión das cualificacións deberán estar comprendidas nos dez días seguintes á publicación dos resultados, e o prazo para a revisión será cando menos de tres días hábiles contados dende o seguinte á publicación dos resultados. O horario establecido para a revisión será alternativo en quendas de mañá e de tarde.

A revisión realizarase persoalmente polo alumnado, de forma individual ou colectiva, dependendo do tipo de proba por revisar.

O estudantado, despois de firmar a revisión da cualificación para que quede constancia de que revisaron a súa cualificación ante o profesorado encargado da materia, pode presentar unha reclamación motivada dirixida ao decanato ou dirección do centro.

O prazo para presentar a reclamación é de 10 días hábiles dende que tivo lugar a revisión.

Cando careza absolutamente de motivación. O estudantado poderá recorrer ante a Reitoría o rexeitamento da reclamación.

A reclamación presentada será resolta por unha comisión nomeada pola decana/o de centro, da cal non poderá formar parte o profesorado responsable da cualificación.

Unha vez revisada a proba, a comisión poderá ratificar a cualificación, modificala outorgando a que corresponda ou adoptar as medidas necesarias para a realización dunha nova proba cando os elementos para a avaliación non sexan suficientes ou os criterios aplicados non se axusten aos establecidos na programación ou guía docente.

A decisión será notificada por unha resolución do decano/a.

Poderá reclamar ante a Reitoría, nun prazo dun mes que se contará dende a notificación da resolución.

Ten tamén dereito de revisión e de reclamación contra a avaliación outorgada polo profesorado, que se concretará ante a comisión académica no prazo de 10 días hábiles dende a revisión. As funcións que nos apartados anteriores correspondía ao decano/a corresponden nos másteres aos coordinadores/as. Contra as súas resolucións caben tamén recursos ante a Reitoría.

O estudantado con materias pendentes que non superen os 18 créditos, e teñan esgotadas cando menos 2 convocatorias en cada unha delas. No caso de plans de estudos vellos non adaptados a créditos, o número máximo de materias pendentes será de tres.

Tamén poderá solicitar este apoio titorial extraordinario o estudantado que teña pendente só unha materia, aínda que non teña esgotada ningunha convocatoria.

Estas persoas tamén teñen dereito ao apoio titorial extraordinario desas materias.

Os exames das materias sen docencia serán avaliados polo profesorado que levou a cabo a docencia no curso anterior ou quen determine o departamento.

Os criterios de avaliación serán os determinados no último curso con docencia e o programa será o que se desenvolveu nese curso.

Sempre que exista equivalencia entre as materias, nos supostos de adaptación obrigatoria por estar as materias extinguidas, poderá autorizarse que o estudante realice ata un máximo de tres materias ou 18 créditos nos estudos de grao, que despois serán imputadas ao plans en extinción recoñecéndolles a cualificación outorgada.

Neste caso a cualificación será a de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra a persoa.

Considérase fraudulenta a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación, ou sen citas de autoría ou fontes.  

Respostas a outras preguntas

Non. Todos os estudantes teñen os mesmos dereitos e deberes, sen distincións, salvo as derivadas das ensinanzas que estean a cursar. Así pois os alumnos dos distintos grupos dunha mesma materia recibirán unha formación equivalente e deberán ser avaliados con criterios tamén equivalentes.

Non. Os profesores deberán conservar todo o material utilizado para a avaliación por un período mínimo de seis meses dende a data final de entrega das actas. No caso de que desapareza (por perda, roubo...) antes de finalizar o procedemento de revisión de exames e sen que o alumno poidera exercer ese dereito, entón poderá solicitar a realización dunha nova proba. O profesor procurará que nesta avaliación especial o alumno teña certas facilidades (flexibilización das datas de exame, tipo de exame, etc..)

Non. Os alumnos matriculados teñen dereito a seren avaliados no seu rendemento académico, así como á revisión das cualificacións outorgadas. Este dereito a ser avaliados unicamente pode ser exceptuado por razóns xustificadas, tales como que o alumno non se presente ao exame ou que concorra algunha causa prevista nas normas como a recollida respecto á convocatoria de setembro se a programación docente da materia determina a obriga de realizar certas actividades prácticas de laboratorio, entrega de traballos, etc, que só poden ser desenvolvidas durante o período de clase, e a Comisión de Docencia do Centro establece neste caso a imposibilidade de presentación destes alumnos a dita convocatoria.

O feito de non entregar unha ficha de clase non é unha excepción que estea recollida en ningunha norma, polo que é incorrecto pretender que os alumnos que non a entreguen dentro dun prazo establecido poidan decaer nos seus dereitos a seren avaliados ou a revisión de cualificacións. Esta exclusión non é conforme ás normas nin sequera facéndoa pública na programación da materia. Nin o profesor nin o departamento poden condicionar ao requisito de entregar unha ficha, o dereito do alumno a ser cualificado ou á revisión da súa cualificación.

Non. Na USC non está contemplado o aprobado por compensación para a finalización de estudos.

Os alumnos que reúnan os seguintes requisitos poderán solicitar o apoio titorial extraordinario