Fase final do módulo de prácticas da escola de tenis base
Despois da fase inicial celebrada ao longo do segundo cuadrimestre programouse para o 3 e 4 de xuño a fase final deste módulo, onde os tenistas puxeron en práctica as habilidades adquiridas durante o curso e puideron avaliar a evolución do seu xogo.
Con esta mesma finalidade está previsto o acto de clausura da escola de tenis base para menores de 18 anos, os días 17 e 18 deste mesmo mes.
Unha vez xogadas as eliminatorias o sábado, o domingo pola mañá disputáronse os partidos finais de:
Iniciación avanzada masculina
Alberto García Castro vs Jorge Formoso López
Tenis nivel medio masculino
Brais González Rodríguez vs Francisco Amiama González
Tenis nivel medio feminino
Cristina Cambeses Franco vs Lucía Vizcaíno Anaya
resultando os máis avantaxados nas súas respectivas categorías, Jorge Formoso, Brais Gonzáles e Cristina Cambeses.