Arenas do proxecto EUniWell
Saúde e benestar
A investigación sanitaria é unha fortaleza clave dos membros da Alianza EUniWell. Este ámbito aséntase na súa ampla experiencia investigadora, o que permite un enfoque multidisciplinar para afrontar os desafíos relacionados coa saúde e o benestar.
Igualdade social e benestar
Esta Arena céntrase en cuestións interdisciplinarias fundamentais relacionadas cos dereitos humanos, a cidadanía e a seguridade, a paz, así como nos desafíos para o benestar nun contexto global. A través dun enfoque integral búscase avanzar na investigación do benestar individual e social, explorando e avaliando diferentes perspectivas sobre o benestar e como estas poden contribuír a unha axenda de investigación interdisciplinar.
Cambio climático e benestar
Profesorado e persoal investigador unen forzas para abordar os retos do cambio climático e a protección do clima para crear ambientes sostibles, seguros e inclusivos. Estes son compoñentes clave para apoiar o benestar individual, social e planetario e están a ser traducidos nunha serie de proxectos comúns tanto educativos como de investigación.
Cultura, multilingüismo e benestar
A misión desta Arena é promover a cultura e o multilingüismo como motores da cohesión social, a igualdade e o benestar. Isto lógrase mediante o desenvolvemento de actividades de educación, investigación e participación cívica, e fomentando a comunicación e as prácticas plurilingües e interculturais.
Formación e benestar docente
A educación e formación dos futuros docentes é un dos retos sociais urxentes para moitos Estados, en Europa e no mundo. A profesión docente representa unha vangarda social, baseándose no coñecemento dixital e asumindo a responsabilidade dunha transición ecolóxica real. O obxectivo é promover o benestar no contexto escolar e educativo a nivel individual, social e internacional, en colaboración cos seus numerosos actores educativos e cívicos.