Skip to main content

O Observatorio da USC leva ata o Centro Penitenciario de Monterroso un obradoiro de astronomía

Un dos telescopios do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC. FOTO: Santi Alvite
Un dos telescopios do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC. FOTO: Santi Alvite
As persoas asistentes coñecerán as actividades científicas que se desenvolven no centro do Campus Sur compostelán e participarán en observacións con telescopios

Membros do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e colaboradoras e colaboradores habituais van impartir este mércores 4 de decembro a partir das 17.00 horas un obradoiro de astronomía no Centro Penitenciario de Monterroso (Lugo) dentro do seu Plan de Animación Sociocultural e en concreto como parte do Ciclo de Aulas Abertas.

Estas actividades son organizadas polo grupos SEPA do campus de Santiago e ALIAD do campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, xunto con ECIGAL da Universidade da Coruña.

O obradoiro será impartido por Luca Piccotti, Nerea Puime, Ángel Costas, e Eva Seijas, que falarán do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC e farán unha descrición no Sistema Solar, con posterior observación telescópica na que participarán as persoas inscritas na actividade.

Cartel da actividade
Cartel da actividade
The contents of this page were updated on 12.04.2024.