Skip to main content
CEU
Campionatos de España Universitarios (CEU)

Poderán participar todas aquelas persoas que se atopen matriculadas no curso actual e que acrediten ser estudantes de grao, máster ou doutoramento, de títulos que teñan carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, e que ademais acaten os seguintes requisitos:

  • cumprir os criterios do regulamento xeral e dos correspondentes regulamentos técnicos dos CEU, en especial, neste último caso, os  referentes a cuestións como licenza federativa en vigor, marcas mínimas en atletismo e natación, graos nas modalidades de combate, puntos en tenis ou xadrez, etc.;
  • cumprir os criterios de selección da USC para cada modalidade;
  • comunicar á Área Deportiva da USC a súa intención de participar.