Skip to main content
Para ser árbitro das Ligas Universitarias

A área Deportiva da USC habilita como árbitro das ligas Universitarias, atendendo aos seguintes criterios e na seguinte orde de preferencia
-    por titulación arbitral federativa,
-    por demostrada experiencia nesa modalidade deportiva.


PRAZOS DE INSCRICIÓN E PROCEDEMENTO:
Do 1 de setembro ao 22 de setembro de 2025  a área Deportiva da USC abre o prazo de inscrición para aquelas persoas da comunidade universitaria que desexen arbitrar. As datas do prazo de inscrición son publicadas na páxina web da Área de Deportes da USC.
Todos os árbitros das ligas Universitarias teñen que informarse e completar a unha ficha cos seus datos persoais imprescindible para poder abonar a gratificación por cada partido
Posteriormente enviarase, vía e-mail, a ficha xunto coa seguinte documentación:
-    1 fotografía tamaño carné.
-    Certificado de conta Bancaria.
-    Fotocopia do DNI.

Campus de Lugo: jesus.castro [at] usc.es (jesus[dot]castro[at]usc[dot]es)

Campus de Santiago: ana.martines.fernandez [at] usc.es (ana[dot]martinez[dot]fernandez[at]usc[dot]es)

Para os árbitros das Ligas do Campus de Santiago, realizarase unha reunión presencial co obxectivo de informar sobre procedementos e aclarar dúbidas.
A data e hora da reunión informativa: luns, 22 de setembro de 2025, ás 11:30 h. e as 16.00 h. (para os que non poidan acudir de maña), no sala de axedrez no edificio da Piscina Universitaria.
 

The contents of this page were updated on 07.31.2025.