
International Observe the Moon Night é un evento público mundial que fomenta a observación, a apreciación e a comprensión da nosa Lúa e a súa conexión coa ciencia espacial, a exploración e a cultura humana. Este evento anual conecta científicos, educadores e entusiastas da lúa de todo o mundo.
O evento compostelán no Parque de Vista Alegre celebrarase desde ás 22:00 ata ás 0:00 e incluirá a posibilidade de observar a Lúa a través de telescopios de afeccionado con explicacións a cargo de membros do Clube Compostelán de Astronomía Vega.
A actividade está organizada polo Clube de Astronomía VEGA Compostela e a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC.
Data sábado 4 de outubro
Horario 22 horas
Idade adultos e familias
Prezo de balde
Inscricións non son precisas, a actividade é libre
Para obter máis información sobre International Observe the Moon Night, visite:
https://moon.nasa.gov/observe
Observación a cargo de Clube Compostelán de Astronomía Vega
https://www.clubevega.org/
International Observe the Moon Night está patrocinado pola misión Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO) da NASA e a División de Exploración do Sistema Solar no Goddard Space Flight Center da NASA, con moitos colaboradores. O LRO está xestionado polo Goddard Space Flight Center da NASA en Greenbelt, Maryland, para a Dirección de Misións Científicas na sede da NASA en Washington, D.C.
