Estadías de investigación na USC para estudantes de doutoramento procedentes de universidades socias
O programa Erasmus+ permite a realización de estadías de investigación na que realizarán actividades directamente relacionadas coa súa tese de doutoramento.
As Universidades socias deben nominar aos seus estudantes cando menos 2 meses antes da mobilidade.
Para a nominación as universidades socias deben enviar un email a erasmus [at] usc.gal: nome e apelidos do/a estudante, correo electrónico, área de estudos e período da estancia.
Todos os estudantes nominados recibirán un email de benvida co seu usuario e contrasinal necesarios para poder realizar a súa solicitude de admisión online.
O prazo para que os estudantes realicen a solicitude de admisión como Erasmus+ na USC é ao menos 1 mes antes de realizar a súa mobilidade.
Os estudantes deberán subir ao sistema online a seguinte documentación:
- Acordo de estudos firmado pola súa universidade de orixe
- Copia escaneada do Documento de identidade
- Confirmación do nivel de español/inglés (mínimo requirido B1).