Pasar al contenido principal

Actualidad

Un chip xenético garante a autenticidade do mexillón galego

A nova ferramenta desenvolvida por un consorcio europeo liderado polo CSIC no marco do proxecto Interreg ‘Sea Traces’, e en cuxa creación colaborou grupo Acuigen do Campus Terra da USC co centro tecnolóxico Azti, permite distinguir con alta precisión a orixe xeográfica dos mexillóns cultivados en Galicia

Leer más

USC e UTAD intensifican a cooperación nos ámbitos científico e académico na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Unha delegación da Universidade de Tras os Montes Alto Douro, encabezada polo reitor Emídio Ferreira dos Santos, visita o Campus Terra da USC para incentivar a mobilidade interuniversitaria, avanzar no deseño de programas de doutoramento conxunto, ademais de para perfilar a candidatura dun proxecto Interreg sobre dixitalización da historia clínica veterinaria liderado pola Fundación Rof Codina e explorar outras convocatorias competitivas no marco do programa Horizonte Europa

Leer más

O Campus Terra colabora nas tarefas de vixilancia de resistencias a antibióticos en cunicultura no marco do PRAN

Un grupo de investigadores do Laboratorio de Referencia ‘E. coli’ da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, encabezados pola profesora Azucena Mora, desenvolverá para a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios traballos de técnicas microbiolóxicas para a caracterización xenotípica e fenotípica de resistencias en cepas de ‘E. coli’ illadas en procesos entéricos en coellos

Leer más

Educación, cociñado e manipulación axeitada, claves para reducir infeccións polas ‘superbacterias’ en alimentos

Unha investigación do Laboratorio Nacional de Referencia de E. coli da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC advirte da existencia de bacterias multirresistentes no 40% dos produtos cárnicos en supermercados en España, sinala Azucena Mora, quen salienta a capacidade do consumidor para evitar riscos para a saúde causados por mor duns patóxenos cuxa presencia en alimentos está a diminuír

Leer más