A USC gaña o Campionato Galego Universitario de Natación
Disputouse este xoves na Piscina Universitaria compostelá coa participación de 79 deportistas das tres universidades galegas
Leer másOs campus de Compostela e Lugo suman 806 doazóns de sangue na primeira fase da campaña universitaria de ADOS neste curso
O número de novas persoas que doaron por primeira vez na institución compostelá foi de 288, o que supón máis dun 35,7% do total, permitindo renovar a base de doantes
Leer másCAPRIF-CC dá os seus primeiros pasos a prol da activación económica do rural en Galicia e Asturias
A USC participa neste consorcio a través da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia - Norte de Portugal
Leer másUn estudo da USC demostra que os hábitats de macroalgas condicionan algúns comportamentos dos peixes
O investigador do CRETUS José A. Sanabria-Fernández constatou ao longo do Hemisferio Sur que a composición dos bosques destes organismos inflúe en funcións fundamentais, como o estilo de alimentación ou a reprodución das comunidades piscícolas
Leer másA Aula de Produtos Lácteos e Chr. Hansen reúnen 20 profesionais nun curso de elaboración de queixo de pasta branda
Personal técnico da APLTA do Campus Terra da USC e da compañía subministradora de solucións de ingredientes para a industria alimentaria impartiron as distintas sesións formativas teóricas e prácticas programadas ao longo de tres xornadas
Leer másO estudantado da USC pode participar ata o 15 de marzo na Olimpíada Solidaria
Poderá intercambiar o tempo que pase nas bibliotecas da universidade por euros cos que se financiará a formación de profesionais para o restablecemento psicolóxico das vítimas dos conflitos bélicos no Congo
Leer másCO(M)XÉNERO abordará na súa décima edición as prácticas fotográficas feministas
Xa se pode formalizar a inscrición nestas xornadas, de balde, a través dun formulario en liña
Leer másA EPS de Enxeñaría revitaliza o Máster Universitario en Enxeñaría de Montes
Atractivas saídas profesionais ligadas ao medio natural e alternativas de formación especializada en espazos protexidos, xestión forestal e incendios permiten á USC rexistrar as taxas máis altas de matrícula no Máster Universtiario en Enxeñaría de Montes impartido no Campus Terra case 30 anos despois da implantación destes estudos
Leer másAlexandre Sotelino, entre os dez mellores docentes universitarios nos premios Educa Abanca 2023
O profesor da Facultade de Ciencias da Educación foi o único dunha universidade galega entre os finalistas do certame
Leer másEUniWell abre novas oportunidades para o Campus de Lugo
Docentes, persoal investigador e de administración e servizos da sede universitaria luguesa coñecen as posibilidades de mobilidade, formación, I+D+i e difusión da cultura e do emprendemento que ofrece a Universidade Europea para o Benestar
Leer másElias J. Feijó Torres, reelixido decano de Filoloxía
O catedrático obtivo 106 votos a favor e oito en branco nos comicios que se desenvolveron este martes 27
Leer másDoce imaxes do XXIX Maratón Fotográfico do Campus ilustran o calendario de Lugo Cultural 2024
Antonio Álvarez, Tareixa Ferreiro e Iria Castro presentaron o novo material na clausura da mostra da última edición do certame artístico na Biblioteca Provincial de Lugo
Leer más