O Festival Internacional de Teatro Universitario sobe o pano entre o 6 e o 9 de febreiro
A montaxe teatral ‘Antropoloxía do bico (A síndrome do túnel carpiano)’, a cargo da Aula de Teatro da USC, inaugurará a edición número 28 deste evento cultural
Leer másO Campus Terra promove a innovación e o emprendemento xuvenil no marco da economía azul co proxecto ATLIC
As liñas de traballo e os proxectos de investigación ligados coa potenciación e optimización de recursos no Espazo Atlántico poden inspirar iniciativas innovadoras de emprendemento á mocidade europea
Leer másA certificación de calidade do selo USC Editora chega aos dez anos de vida
O informe da última auditoría de AENOR segue destacando como puntos fortes do sistema o uso de ferramentas informáticas de última xeración para a xestión editorial integral e “os excelentes resultados das enquisas de satisfacción”
Leer másSaleta Rosón retrata a beleza das cidades abandonadas
O Salón Artesoado do Colexio de Fonseca acolle ata o 30 de marzo a exposición de fotografía 'A memoria do deserto'
Leer másRematan as actividades da promoción 2021 de Estalmat-Galicia
Neste terceiro curso, denominado Estalmat- π, participaron 20 dos 30 estudantes que conformaron a promoción décimo quinta do proxecto
Leer másUn recital poético festexa a saída do número 45 da revista 'Dorna'
Afra Torrado, Antía Otero, Keith Payne e Lois Pérez leron poemas incluídos na publicación
Leer másMaría de Maeztu, ChatGPT e o nexo entre arqueoloxía, nómades e o comercio no Índico protagonizan a primeira NerdNite do ano
Terá lugar na Nave de Vidán o vindeiro mércores 7 de febreiro, ás 20.30 horas
Leer másO CLM amplía ata o 7 de febreiro a inscrición nos test de nivel
O prazo para a formalización da matrícula esténdese tamén ata o 10 de febreiro
Leer másA directora do CiMUS, Mabel Loza, ingresa na Real Academia Nacional de Farmacia
O seu discurso de ingreso titulouse 'A farmacoloxía e o descubrimento de fármacos para unha nova era'
Leer másLuis Rodríguez Camarero achégalle a súa pintura emocional e reflexiva á comunidade universitaria
O filósofo e artista exhibe na mostra ‘O reino das árbores’ no Claustro Alto de Fonseca unha selección de cadros nos que amosa paisaxes galegas coma as da Ribeira Sacra ou as das rías
Leer másOs Encontros na USC do Campus de Lugo desénvolvese os días 2 e 3 de abril
O estudantado preuniversitario poderá coñecer de primeira man a oferta académica e de servizos da sede universitaria luguesa
Leer másO XXIV Premio Aresa distingue a Moexmu no ano que chega á súa 40 edición
A condición de feira decana e escaparate agrogandeiro, o seu impacto a prol do desenvolvemento e da profesionalización do sector, a contribución á mellora do gando vacún de raza frisón e a súa acción de dinamización socioeconómica e cultural no medio rural a través da Festa da Filloa son algúns dos eixos valorados no ditado do xurado do galardón creado pola USC e Aresa. A cerimonia de entrega do galardón, dotado con 10.000 euros e placa de mérito, será o 1 de marzo en Veterinaria
Leer másUnha mostra en Fonseca reivindica a figura pioneira de Enrique Labarta Pose na cultura galega de finais do XIX
Escribiu narrativa, poesía e teatro e é considerado o principal personaxe da Restauración española no ámbito da prensa satírica, no que fundou cinco revistas
Leer másA comunidade universitaria reciclou 12.410 envases en 2023 a través do programa RECICLOS
A USC converteuse o ano pasado na primeira universidade de Galicia en contar co Sistema de Devolución e Recompensa de Ecoembes que permite colaborar con causas sociais a través da práctica da reciclaxe nas seis máquinas instaladas no campus compostelán
Leer más