‘Universitarios de lenda’ mostrarán Windows 8 na Universidade de Santiago
Os catro mozos e mozas elixidos pola compañía Microsoft para desenvolver o seu talento e mostrar todas as vantaxes da tecnoloxía á comunidade universitaria chegan este mércores 6 á USC. Os ‘Universitarios de Lenda’ Ángel Bordera, Manuel Fuentes, Adriana Jiménez e Sandra Arroyo, que están a percorrer un total de 42 facultades españolas, explicarán de 10.00 a 18.00 horas no vestíbulo da Escola Técnica Superior de Enxeñaría a potencialidade da tecnoloxía, clave no desenvolvemento académico e profesional dos estudantes, a través de Internet Explorer 10, SkyDrive, Office, Windows Phone, Xbox 360 con Kinect ou Windows 8. A actividade ten como obxectivo ensinar ao estudantado a sacar o máximo partido á tecnoloxía máis punteira e novidosa, como Windows 8, que trae consigo una revolución na forma na que interactuamos con ela. O alumnado que participe nesta acción optarán a diversos premios. Ademais, quen o desexe pode unirse á Comunidade de estudantes de Microsoft, UCoach, formada por mozos e mozas apaixonados pola tecnoloxía aos que Microsoft facilita en exclusiva formación avanzada e acceso a software e hardware en condicións únicas.