Pasar al contenido principal

Unha exposición na ETSE amosa o papel da muller na enxeñaría

Unha exposición na ETSE amosa o papel da muller na enxeñaría
Unha exposición na ETSE amosa o papel da muller na enxeñaría

Dende este luns e ata finais do mes de outubro estará exposta na Escola Técnica Superior de Enxeñaría a exposición ‘O papel da muller na enxeñaría’. A mostra recolle os pósteres elaborados para a exposición ‘MIT: Mujeres en la Informática y la Telecomunicación’ da Universidade de Granada, ademais do gañador do I Concurso de Pósteres que convocou a ETSE no mes de maio e que gañou o estudante Óscar Pardo Planas. Trátase de carteis biográficos dedicados a diversas científicas e tecnólogas destacadas na área das Tecnoloxías da Información e Telecomunicación con material gráfico e as súas achegas científicas máis relevantes. Entre as mulleres representadas na mostra figura Frances Allen, que hai dous anos visitou a USC no marco de ConCiencia, ou Mitchel Baker, promotora de Mozilla -coordinadora do famoso navegador Firefox ou do xestor de correo-e Thunderbird- e do software de fontes abertas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.09.2010.