A Escola de Relacións Laborais do Campus de Lugo entrega os diplomas da I Promoción do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos
A Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus de Lugo e a Escola Galega de Formación celebran este venres, día 11, a entrega de diplomas da primeira promoción do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos.
Á entrega, que terá lugar no Salón de Actos do centro ás 18:00 horas, asistirá o presidente de Sogecable, Rodolfo Martín Villa, que intervirá no acto exercendo como padriño da promoción.