RoboDK, un novo software de programación de robots industriais dispoñible para o alumnado de Robótica

RoboDK é unha das aplicacións de software estándar da industria robótica.
Despois da instalación dun novo brazo robótico UR3e no laboratorio de automatización, grazas ao acordo con Universal Robots e RobotPlus, poderemos traballar co programa RoboDK. Este programa non só nos permitirá xerar e cargar programas no citado brazo robótico, senón tamén traballar con simulacións doutros moitos robots industriais. Deste xeito, o alumnado do Grao en Robótica da EPSE poderá aprender a programar diversos brazos robóticos e simular con eles diferentes tarefas (pintura, inspección, soldadura, mecanizado...) a través deste software estándar da industria robótica.
