Pasar al contenido principal

Constituído o Consello do Estudantado da USC

“Dialogar para conseguir satisfacer as necesidades” deste colectivo universitario é, en palabras do presidente do Consello, unha das principais misións deste órgano. Imaxe de arquivo de alumnado da USCFOTO: Santi Alvite
“Dialogar para conseguir satisfacer as necesidades” deste colectivo universitario é, en palabras do presidente do Consello, unha das principais misións deste órgano. Imaxe de arquivo de alumnado da USCFOTO: Santi Alvite
Creado ao abeiro do artigo 29 do Estatuto do Estudantado é o “órgano de participación e representación” do alumnado “na organización da vida universitaria”
Lugo, Santiago de Compostela

O Consello do Estudantado da USC acaba de botar a andar coa vontade de ser “punto de encontro das realidades do alumnado” dos distintos centros. Así o explica Emilio V. Lage, recentemente nomeado presidente deste órgano que nace ao abeiro do artigo 29 do Estatuto do Estudantado da USC no que é definido como “órgano de participación e representación” do alumnado “na organización da vida universitaria”.   

“Dialogar para conseguir satisfacer as necesidades” deste colectivo universitario é, en palabras do presidente do Consello, unha das principais misións deste órgano cuxa equipo de xestión complétana Daniel González Pérez (vicepresidente), Diego López Seoane (secretario), Antía Vilas Oliveira (vicesecretaria) e Daniel Durán Chapela (tesoureiro). “Queremos concienciar ao alumnado da importancia de participar nos procesos electorais para ter voz propia na toma de decisións”, engade Emilio V. Lage.

“Tentar sumar esforzos co estudantado de todos os órganos colexiados de goberno e co tecido asociativo para dar solución aos problemas que nos concirnen” é a misión do Consello do Estudantado. Para facer fronte a este obxectivo, o alumnado que así o desexe, pode contactar co Consello e trasladar as súas dúbidas ou suxestións ao enderezo electrónico consello.estudantado [at] usc.gal (consello[dot]estudantado[at]usc[dot]gal)

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.09.2022.