No marco da mesma participamos nas principais Feiras Universitarias organizadas por concellos, centros de ensino medio e outras entidades.

Edugal | 14º Salón da oferta de educación e formación de Galicia.
Os días 8, 9 e 10 de outubro a USC participará cun stand na XIV edición da feira EDUGAL en Pontevedra.
Ao longo destes tres días contaremos cun posto da Oficina de Informacion Universitaria (OiU), na que os estudantes poderán recibir información de toda a oferta educativa e dos servizos que ofrece a USC. Tamén contaremos coa participación da Escola Universitaria de Traballo Social, da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE), das Facultades de Bioloxía, Ciencias, Humanidades, Óptica e Optometría, Química, Xeografía e Historia, do Instituto Galego de Altas Enerxías (IGFAE) e do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG). Estes centros informarán aos estudantes da oferta de estudos da USC.
A EPSE, o IGFAE, as Facultades de Bioloxía, Química e Óptica e Optometría realizaran ademais obradoiros de divulgación científica.
Unidade de xestión do Programa A Ponte
- Pabellón de Estudiantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 814 576
- aponte [at] usc.gal