Pasar al contenido principal
Facultade de Ciencias da Educación. XVII edición (2025)
Imaxe representativa

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación organiza a XVII Xornada "Os recursos educativos en galego", desta volta dedicada aos recursos educativos que toman como punto de partida ou eixe temático o Camiño de Santiago.

Esta iniciativa nace co obxectivo xeral de crear un espazo en que difundir e analizar os recursos educativos dispoñibles en lingua. Nesta edición de 2025, iso concrétase en

  • Coñecer os recursos existentes en galego.
  • Promover a creación de novos recursos adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas da comunidade educativa galega.
  • Difundir experiencias educativas centradas na elaboración e o uso de recursos.

A Xornada diríxese nomeadamente ao alumnado e o PDI da Facultade de Ciencias da Educación da USC, pero tamén a calquera profesional interesado/da en coñecer mellor os recursos educativos dispoñibles en galego.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.10.2025.