Ciencias Políticas e Sociais conmemora a festividade do seu patrón cunha conferencia de Félix Ovejero
O profesor da Universitat de Barcelona Félix Ovejero Lucas impartirá este xoves 23 unha conferencia no acto co que a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais conmemora a festividade do patrón deste centro, San José.
A partir das 12.00 horas no Salón de Graos, o profesor Ovejero Lucas pronunciará o relatorio titulado ‘A democracia ante novos problemas’, para ao remate do acto abrir unha quenda de intervencións co público que acuda. Na mesa tamén participará o decano da Facultade Ramón Bouzas Lorenzo.