Pasar al contenido principal

Información do título

Información do Máster en Matemáticas

Denominación do título

Máster Universitario en Matemáticas pola Universidad de Santiago de Compostela

Centro onde se imparte

Modalidade

Presencial. Contémplase a posibilidad de matrícula a tempo parcial.

Número de créditos

60 ECTS

Periodicidade da oferta

Anual

Número de prazas de novo ingreso ofertadas

20

Idiomas nos que se imparte o título

Galego, castelán

Coordinador do título

Fernando Adrián Fernández Tojo (fernandoadrian.fernandez(at)usc.es)

Memoria do título

Obxectivos

En liñas xerais os estudos de Matemáticas, nas súas diferentes especialidades, ofrecen unhas expectativas laborais moi atractivas, de amplo espectro, máis aló do ámbito comunmente asignado da Docencia e Investigación, sendo os máis destacados Administración de Empresas, Calidade, Produción e I+D, Finanzas e Banca, Informática e Telecomunicacións, Enxeñaría e Técnicos de Mercadotecnia e Comunicación. Entre os obxectivos do máster están os seguintes:

  • Proporcionar unha formación especializada e avanzada en Matemáticas, que capacite para a incorporación a grupos de investigación competitivos ou para impartir docencia superior.
  • Introducir na investigación ós e ás estudantes, como parte integrante dunha formación profunda, preparándoos para a eventual realización posterior dunha tese doutoral.
  • Formar profesionais capaces de resolver problemas de moi diversa índole no mundo da industria, da empresa e da administración, utilizando a linguaxe e as ferramentas que proporciona a matemática, que lles permita o acceso a postos de traballo altamente cualificados e a incorporación a equipos multidisciplinares, especialmente os que requiran un alto nivel de destreza en formulación e resolución de problemas, capacidade de análise, síntese e pensamento abstracto.

A información presentada a continuación é só de carácter orientativo. Para unha información máis precisa e actualizada  sobre admisión, matrícula, calendarios e táboas de prezos pode ser consultada na páxina de admisión nos estudos de máster da USC, e a información sobre a docencia no máster, materias e horarios na páxina do Máster da USC.

Admisión e matrícula

Número de prazas de novo ingreso: 20.

Perfil de ingreso recomendado: Titulados superiores en Matemáticas e titulados superiores en disciplinas científicas e tecnolóxicas con alto contido matemático.

Presentación do Máster

A comezos de setembro terá lugar a presentación do máster ao alumnado matriculado por parte do coordinador do máster. O coordinador porase en contacto cos alumnos matriculados para especificar os detalles da presentación.

Réxime de estudos

Para os estudantes admitidos por primeira vez a realizar o Máster en Matemáticas están previstas 2 modalidades de matrícula:

  • Matrícula a tempo completo: 60 créditos ECTS a realizar durante o año académico.
  • Matrícula a tempo parcial: 30 créditos ECTS ou o número de créditos máis próximo a esta cifra en función das materias nas que se matricule.

A modalidade de matrícula a tempo parcial será solicitada polos interesados. A autorización realizarase ó abeiro da normativa e prazos establecidos, atendendo ós criterios que regulen esta modalidade de matrícula: formación previa, traballo, residencia, etc.

Matrícula de continuación de estudos

Aqueles alumnos que iniciaron estudos en anos anteriores teñen liberdade para matricularse do número de créditos que desexen. A limitación só está condicionada polas obrigas académicas que estableza o plan de estudios: ordenación temporal dos estudios, prelacións ou prerrequisitos, compatibilidade horaria das materias matriculadas, etc.

Normativa de permanencia

Ríxese pola normativa xeral da USC:

Resolución do 13 de xuño de 2011 pola que se acorda a publicación da normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, aprobada no Consello Social do 5 de xuño de 2012..

A instrucción de la Secretaría General de aplicación a partir del curso 2013/2014

E a modificación da normativa de permanencia

Normativas de xestión académica

Transferencia, recoñecemento de créditos e modificación de Matrícula

A normativa xeral sobre transferencia e recoñecemento é a Normativa sobre Transferencia e Recoñecemento de Créditos para Titulacións Adaptadas ó Espazo Europeo de Educación Superior.

Unha vez matriculado o alumno, disporá dun prazo, fixado pola universidade, para solicitar o recoñecemento de créditos. A súa solicitude será estudada pola Comisión Académica do Máster, que elevará o correspondente informe ó Servizo de Xestión Académica da USC.

Para as solicitudes de adaptación, validación e recoñecemento presentadas no prazo ordinario de matrícula, o alumno terá dereito a modificar a matrícula no prazo dos 10 días seguintes ó de resolución e á devolución de prezos que poidan corresponder.

A modificación de matrícula enténdese por modificación a substitución dunhas materias por outras. Só se poderá solicitar a ampliación ou modificación da matrícula unha vez por cada período de matrícula nos seguintes prazos.

As ampliacións e modificacións de matrícula, en calquera dos períodos, só se poderá realizar a través da Secretaría Virtual, agás cando se requira autorización previa. As modificacións de matrícula en estudos de máster no segundo período deberán ser autorizadas previamente polo coordinador do programa, aplicándose as limitacións, impedimentos e requisitos establecidos na normativa que regula os estudos de posgrao, na oferta do máster, e nesta convocatoria.

 

Necesidades educativas especiais

A USC dispón do Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU), dependente da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, ó que o alumno pode acudir en caso necesario.

Consulta a páxina de Bolsas e Axudas da Oficina de Información Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela para obter información sobre bolsas para cursar estudos de másteres oficiais.

Bolsas de colaboración

O Ministerio de Educación asigna todos os anos bolsas de colaboración a USC, destinadas a iniciar nas tarefas de investigación ó alumnado do último curso do grao ou segundo ciclo, ou primeiro curso de Máster que preste a súa colaboración nun Departamento, Instituto de Investigación, Centro Singular en réxime de compatibilidade cos seus estudos. A información detallada sobre estas bolsas e a súa convocatoria pode consultarse no seguinte enlace.

Bolsas, Axudas e Contratos para Egresados

Bolsas predoutorais da Xunta de Galicia

Axudas de apoio á etapa predoutoral: Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i. Pódese consultar máis información na páxina do GAIN.

Bolsas para Formación de Profesorado Universitario (FPU)

Axudas destinadas á formación investigadora en programas de doutoramento para a consecución do título de Doutor/ra e a adquisición de competencias docentes universitarias en calquera área do coñecemento científico, que faciliten a futura incorporación dos beneficiarios ó sistema español de educación superior, e de investigación científica. Pódese consultar máis información na páxina do Ministerio.

AIC

A Asemblea de Investigadoras de Compostela ofrece información sobre bolsas e axudas na USC.

 

Traballo

Ofertas de Emprego en I+D da USC

Contratos de Investigación na USC

CITMAga

Premios

Listaxe de premios e mencións acadadas por estudantes do Máster en Matemáticas:

  • David Mosquera Lois Martínez: Segundo Premio en el Certamen Universitario "Arquímedes" del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, en la modalidad de Ciencias Experimentales, exactas y ambientales, año 2017.
  • Lorena Saavedra: Mención honorífica no XXV Premios de Investigación Ernesto Viéitez 2016 da Real Academia Galega de Ciencias a un estudo sobre a función de Green realizada polos matemáticos da USC Alberto Cabada e Lorena Saavedra.
  • Daniel Cao Labora: Premio Fin de Carrera de Educación Universitaria  de la Xunta de Galicia, 11 de noviembre de 2016.
  • David Méndez Martínez: Segundo Premio no Certame Universitario "Arquímedes" do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, na modalidade de Ciencias Experimentais, exactas e ambientais, ano 2015.
  • David Méndez Martínez: Premio Fin de Carreira de Educación Universitaria da Xunta de Galicia, 16 de outubro de 2015.
  • Jorge Losada Rodríguez: Segundo Premio no Certame Universitario "Arquímedes" do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, na modalidade de Ciencias Experimentais, exactas e ambientais, ano 2014.
  • Víctor Sanmartín López: Premio Fin de Carreira de Educación Universitaria da Xunta de Galicia, 19 de setembro de 2014.
  • Cristina Vidal Castiñeira: Premio ó mellor póster no XXIII International Fall Workshop on Geometry and Physics, Granada 2014.
  • Fernando Adrián Fernández Tojo: Premio Bernd Aulbach para estudantes da Sociedade Internacional para as Ecuacións en Diferencias durante o "Symposium on Differential Equations and Difference Equations 2013", Bayrischzell, Alemania, 3 de setembro de 2013.
  • E. Calviño Louzao (con J. C. Díaz Ramos e E. Vázquez-Abal): Materiales didácticos de Ciencias en Soporte Interactivo (Premio IBM), Ciencia en acción, Mención de Honra, 3 de xullo de 2014.
  • Fernando Adrián Fernández Tojo: Premio Promoción de Novos Investigadores menores de 28 anos da Academia Galega de Ciencias, 2013.
  • Antón Lombardero Ozores: Segundo premio no Ensaya'12, VI Certamen "Teresa Pinillos" de ensayos de divulgación científica y humanística.
  • Fernando Adrián Fernández Tojo: Primeiro Premio no Certame Universitario "Arquímedes" do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, na modalidade de Ciencias Experimentais, exactas e ambientais, ano 2012.
  • Fernando Adrián Fernández Tojo: Premio Fin de Carreira de Educación Universitaria da Xunta de Galicia, 2011.
Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.07.2024.