Sistema interno de garantía da calidade
Son responsables do SGIC os órganos de goberno da Facultade de Matemáticas. A Xunta de Facultade da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela aprobou o 4 de decembro de 2013 unha modificación do SGIC. Nesta modificación, seguindo os requerimentos da ACMP, elaborouse un manual simplificado, mentres que o manual de procesos e procedementos é o manual do SGIC marco da USC. Consúltese a páxina de calidade da Facultade de Matemáticas para maior información.
Co obxectivo de manter o compromiso coa calidade en todas as súas actuacións, a adaptación do SGIC realizouse tendo en conta que se mantiñan os principais procedementos establecidos para o correcto desenvolvemento das titulacións do centro.
Os responsables das titulacións teñen o compromiso de que todos os procesos relacionados co seu desenvolvemento se realicen coa máxima calidade, establecendo e difundindo unha política de calidade e uns obxectivos de calidade, accesibles na páxina web da Facultade. Ademais, disponse o proceso PE-01 (determinación da política e os obxectivos de calidade do centro), no que se indican as accións tanto para a definición e aprobación, como para a súa difusión, revisión e mellora sistemática.
Memoria e verificación
A Memoria do Máster en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela foi aprobada pola Xunta de Facultade da Facultade de Matemáticas o 17 de decembro de 2008 e polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 22 de decembro de 2008.
A Verificación Positiva foi acadada o 15 de xullo de 2009 por parte do Ministerio de Educación.
A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia - ACSUG comprobou no ano 2014 que o plan de estudos se está levando a cabo de acordo coa descrición e os compromisos que se incluíron no proxecto inicial que, para este título, se aprobou no proceso de verificación.
A avaliación realizouse por unha subcomisión derivada da Comisión de Avaliación da Rama de Coñecemento de Ciencias formada por expertos nacionais e internacionais do ámbito académico, profesionais e estudantes. Os membros desta comisión foron seleccionados e nomeados segundo o procedemento que se recolle na páxina Web de ACSUG.
O informe final remitido o 29 de xullo de 2014 emite a valoración final de favorable.