A súa organización nas bases de datos xerais, que se poden consultar neste portal, é por grandes grupos taxonómicos, a efectos de axilizar e facilitar o acceso á documentación dos exemplares. Así, na mesma colección xeral inclúense exemplares de coleccións históricas e actuais, aínda que nos arquivos e almacéns do museo, cada colección orixinal mantén a súa propia identidade.
Dado que aínda non está finalizada a catalogación das coleccións, a información que se presenta non é completa.