Pasar al contenido principal

A ETSE celebra este xoves o Día da Escola

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría celebra este xoves 6 o seu Día da Escola nun acto que presidirá ás 12.00 horas no salón de actos a vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido Quintana. Nel, Andrés García‐Rodeja, Big Data & Analytics Manager de Hewlett Packard Enterprise, pronunciará o relatorio ‘Big data no te día a día’.

Previamente, o secretario da escola, José Varela Pet, dará lectura á memoria de actividades do curso 2015-2016, para continuar coa entrega dos premios extraordinarios fin de carreira, aos mellores TFM, TFG e PFC, aos mellores expedientes e á calidade lingüística de TFG.

Na mesma cerimonia farase entrega dos premios do centro Leonardo á Docencia e á Investigación e o ViAQUA ao mellor TFM no Máster en Enxeñaría Ambiental.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.04.2017.