Cren no voluntariado como ferramenta para cambiar vidas.
Máis de 100.000 nenas, nenos e persoas mozas en Galicia padecen cada día as consecuencias da falta de recursos, a soidade ou a violencia. Velan polo seu dereito a crecer nun clima seguro e protector, a recibir unha educación de calidade e en condicións de equidade, a contar con oportunidades para formarse e acceder a un futuro profesional e converterse no que elas ou eles mesmos queiran ser.
Reforzo escolar
Clases de reforzo para estudantes de secundaria, bacharelato e ciclos de FP.
-
Horario: Mércores, de 17 a 20 h.
-
Prazas: 2
Lexema
Comprensión lectora para nenas e nenos de educación primaria
-
Horario: 1 hora pola tarde no propio centro educativo.
-
Prazas: 10
Referentes
Moitas mozas e mozos sen apoio familiar precisan alguén maior en quen confiar. Referentes é un voluntariado que muda vidas. Buscan persoas que queiran acompañar a unha moza ou mozo no seu camiño cara á emancipación. Aconsellando en materia laboral, orientando na procura de piso, compartindo gustos e afeccións ou, simplemente, compartindo unha conversa arredor dun café. Ti podes ser esa persoa que lle permita ampliar a súa rede social e camiñar con máis seguridade. Como referente construirás unha relación de amizade cunha moza ou mozo para confiar, divertirse, consolarse ou coñecer unha realidade diferente á propia.
*É requisito indispensable ter máis de 25 anos e NON ter formación nin experiencia profesional en áreas sociais (educación social, traballo social, psicoloxía, pedagoxía....) **Imprescindible pasar unha proba de idoneidade.
- Horario: dúas horas semanais durante seis meses.
- Prazas: sen concretar.