Pasar al contenido principal

Presentación do libro ‘Realidades e horizontes da educación en Galicia’

12.12.2024 | 18.00h
O libro presentarase en Ciencias da Educación (Campus Sur)
O libro presentarase en Ciencias da Educación (Campus Sur)

Recoñecer a traxectoria docente e investigadora do profesor Antón Costa Rico como catedrático de Historia da Educación -hoxe xubilado- na Universidade de Santiago de Compostela é o propósito da obra colectiva Realidades e horizontes da educación en Galicia que se presentará o 12 de decembro en Santiago.

No volume, coordinado polos profesores José Antonio Caride e Jesús Rodríguez, do grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da USC, participan 58 autorías, que poñen de relevo a figura de Antón Costa no seu amplo e diversificado labor a prol da educación e a cultura en Galicia.

Editado por Kalandraka na súa Biblioteca de Pedagoxía, o libro presentarase ás 18:00 horas na Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) nun acto no que ademais dos coordinadores e do propio Antón Costa participará a decana de Ciencias da Educación, Mar Lorenzo.

 

Portada do volume
Portada do volume
Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.12.2024.