Pasar al contenido principal

O ciclo de cinema negro francés proxecta o luns en Humanidades o filme ‘Judex’, de Georges Franju

Cartaz de 'Judex', de Georges Franju
Cartaz de 'Judex', de Georges Franju
A sesión, de entrada libre e de balde, comezará ás 19.30 horas, no salón de actos da Facultade de Humanidades

O ciclo de cinema negro francés, unha programación promovida pola sección de francés do Centro de Linguas Modernas no campus de Lugo, continúa este luns 15 de maio no salón de actos da Facultade de Humanidades coa proxección de ‘Judex’, un filme dirixido en 1963 por Georges Franju, que poderá verse en versión orixinal con subtítulos en español.

A terceira das proxeccións programadas na cuarta edición do ciclo de cinema negro francés, responde a un filme de intriga cuxo fío condutor xira arredor dun xusticeiro que esixe ás persoas que reciben unha mensaxe coa palabra ‘Judex’ o reparto de todos os seus bens e propiedades .

O ciclo de cinema negro francés, unha actividade promovida e organizada pola sección de francés do CLM no campus de Lugo e que nesta edición leva por título ‘Á marxe’, chegará ao seu fin o 29 de maio coa proxección do filme 'Alphaville' (1965), de Godard.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.05.2017.