- Entidad
- Fundación Galicia Europa
- Fecha de inicio de la solicitud
- Fecha de fin de la solicitud

A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa de formación dirixida a persoas cun título universitario para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación na oficina en Bruxelas.
Requisitos:
- Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
- Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar a residencia en Galicia mediante empadroamento.
- Posuír o título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente, ou o xustificante do pagamento das taxas que dan dereito á expedición do dito título. Os estudos conducentes á obtención do título deberán ter rematado dentro dos 6 anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
- Posuír un nivel B2 ou superior en lingua inglesa.
- Non ter desfrutado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da listaxe de suplentes e desfrutase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.
O programa formativo da bolsa terá unha duración de 12 meses.
O orzamento total da bolsa, de 19 923,58 euros financiados por Gain, cobre as retribucións, a seguridade social, os gastos de desprazamento e un seguro de cobertura sanitaria.