
XXX Festival de monicreques desenvolverase en Santiago de Compostela do 11 ao 19 de outubro no Teatro Principal, Sala Capitol, A Reixa Tenda, Fundación SGAE, Carpa da Alameda e nos diferentes Centros Socioculturais da cidade.
Precisan persoas voluntarias que queiran experimentar o mundo do teatro de monicreques, obxectos e formas animadas e, á súa vez, axudar ao festival a levarse a cabo. Estarán en contacto con artistas europeos e americanos, un público diverso nas actuacións que terán lugar en diferentes espazos da cidade, incluíndo o Teatro Principal, Sala Capitol e a Carpa da Alameda.
Dende a organización do festival traballan por xerar un ambiente de traballo agradable, coidado e colaborativo.
Horario: os días, 8, do día 13 ao 17 e o 19 de outubro, de mañá ou tarde, en función da dispoñibilidade da persoa voluntaria.
Prazas: 16