Pasar al contenido principal

Alumni-USC e o Consello Social lanzan unha nova convocatoria do premio Humanitas

As candidaturas dirixiranse ao Consello Social. FOTO: Santi Alvite
As candidaturas dirixiranse ao Consello Social. FOTO: Santi Alvite
As candidaturas presentaranse mediante escrito razoado a través do rexistro electrónico da USC dirixido ao Consello Social, ata o día 28 de novembro de 2025

Coa intención de recoñecer accións e traxectorias que se distingan pola súa dedicación e implicación en actividades solidarias ou humanitarias, en beneficio da mellora da calidade de vida da colectividade, bota a andar unha nova edición do Premio Humanitas, convocado pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni-USC) e o Consello Social da institución compostelá. 

As candidaturas presentaranse mediante escrito razoado a través do rexistro electrónico da USC dirixido ao Consello Social, ata o día 28 de novembro de 2025, inclusive. Poderán formalizar candidaturas, sempre e cando non formen parte do xurado, membros do Consello Social, de Alumni-USC e da Comunidade Universitaria. O ditame que se emita terá en conta os méritos concorrentes prestando especial atención a aquelas accións ou traxectorias que coincidan coa finalidade do presente premio. O premio será único e indivisible, e a candidatura gañadora recibirá a cantidade de dous mil euros. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.11.2025.