Pasar al contenido principal

A Asociación Internacional da Auga recoñece a excelencia profesional do profesor Juan Lema Rodicio

A Asociación Internacional da Auga recoñece a excelencia profesional do profesor Juan Lema Rodicio
A Asociación Internacional da Auga recoñece a excelencia profesional do profesor Juan Lema Rodicio

O profesor da Universidade de Santiago Juan M. Lema Rodicio recibiu esta semana en Lisboa, no marco do IWA World Water Congress, o nomeamento como IWA Fellow da International Water Association que recoñece con el “a excelencia profesional de persoas que teñen contribucións relevantes no campo de ciencia e tecnoloxía da auga”. O catedrático Lema Rodicio, ex director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, é o terceiro español que recibe esta distinción. Director de varios grupos de investigación, as súas liñas de investigación céntranse fundamentalmente no tratamento de augas residuais. Recomendacións Ao encontro en Lisboa asisten máis de 3.000 especialistas de todo o mundo que debaten sobre os principais desafíos da auga, concretamente cómo distribuír mellor os recursos hídricos, un ben escaso en moitos puntos do planeta baixo unha crecente presión debido ao aumento da poboación. O congreso, que se acompaña da Exposición Mundial da Agua, publicará o día da súa clausura, o 26 de setembro, a ‘Carta de Lisboa’, un conxunto de recomendacións dirixidas aos sectores involucrados na auga como gobernos, prestatarios de servizos ou consumidores.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.09.2014.