Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Lenguas de uso Castellano, Gallego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primer semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
INTRODUCIÓN:
Acadar que o alumnado teña claro os conceptos de biodiversidade e desenvolvemento sustentábel, e o papel fundamental que xoga o coñecemento do ecosistema e as súas relacións para acadar un coñecemento equilibrado dos fitos anteriores. Tratarase de conseguir revelar a importancia práctica da preservación da biodiversidade, e o papel fundamental que xoga tanto para a conservación das especies como para a existencia do ser humano.
OBXECTIVOS:
• Entender que é un ecosistema, a diversidade biolóxica e a súas relacións.
• Entender a importancia da biodiversidade para o ser humano.
• Entender a relación entre xestión da biodiversidade e desenvolvemento sustentábel.
CONTIDOS
Ecoloxía e ecosistemas.
Diversidade biolóxica, os seus usos e valores.
Impacto do ser humano na biodiversidade. Indicadores.
Estratexias de conservación da diversidade biolóxica.
Introdución ao desenvolvemento sustentábel.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
“Ecología”. Atlas Visuales Océano
“Vida. La naturaleza en peligro”, Miguel Delibes de Castro. Ediciones Temas de Hoy
“Ecología”, R. L. Smith y T. M. Smith. Addison Wesley
“Tratado de Ecología”, R. Dajoz. Ediciones Mundi-Prensa
COMPETENCIA (se procede):
• Ter capacidade de identificar a importancia da conservación da diversidade biolóxica para distintos ámbitos da vida.
METODOLOXÍA
Aulas teóricas, así como presentación de traballos do alumnado.
Posibilidade de viaxe de prácticas.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Asistencia ás aulas, realización e exposición de traballos, asistencia á viaxe de prácticas.
2 horas semana
Participar na realización dos traballos
Emilio V. Carral Vilariño
Coordinador/a- Departamento
- Biología Funcional
- Área
- Ecología
- Correo electrónico
- emilio.carral [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidad
Jueves | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Gallego | 5512 Aula 3 planta baixa Facultade de Ciencias |