La Asociación Española Contra el Cáncer ofrece la posibilidad de realizar tareas de voluntariado en programas de acompañamiento de pacientes oncológicos, dinamización de campañas de prevención o iniciativas de captación de recursos para el desarrollo de proyectos de investigación.
Programa de apoio e acompañamento "Carriño Don Amable"
As voluntarias e voluntarios percorren algunhas áreas do Hospital Clínico de Santiago cun carriño que contén algo de beber para ofrecerllo ás/aos pacientes e familiares. Ademais de humanizar a estancia hospitalaria e ofrecer algo de beber, proporcionan información sobre os recursos e programas da asociación
- Horario: mércores e venres, de 10 a 13 h.
- Prazas: 3
Campañas de prevención
A persoa voluntaria colabora con campaña de saúde pública para concienciar e sensibilizar á poboación e promover hábitos de vida saudables. Inclúe actividades como mesas informativas, distribución de folletos e participación en eventos e talleres.
- Horario: non hai unha data concreta. Depende da demanda e coincide con campañas sinaladas.
- Prazas: s/n.
Obtención de recursos
Participación en campañas, eventos e accións cuxo obxectivo principal é conseguir financiamento.
- Horario: dependendo da actividade.
- Prazas: s/n.
Rutas saudables
Son paseos en grupo dirixidos para a poboación xeral co fin de fomentar hábitos de vida activa, combater o sedentarismo e promover a saúde física e mental. Algunhas tarefas da persoa voluntaria neste programa: explicar o percorrido, acompañar ás participantes durante o roteiro, dinamizar e control loxístico.
- Horario: martes, de 10:30 a 12:30 h.
- Prazas: s/n
Voluntariado pola Ciencia
É unha iniciativa que ten como obxectivo achegar a ciencia e a investigación en cancro á sociedade, sensibilizar sobre a súa importancia e espertar vocacións científicas, especialmente entre a mocidade. Inclúe talleres, charlas, actividades en colexios, hospitais, espazos públicos etc.
- Horario: pendente datas dos eventos
- Prazas: s/n