Voluntariado de inclusión social.
Cooperación Internacional ONG é unha entidade que crea canles para a participación social da mocidade a través do voluntariado e outras accións solidarias a favor das persoas máis necesitadas.
Rutas de rúa
Realízanse rutas pola rúa repartindo café, zumes e algo de comer a persoas sen fogar. A finalidade é acompañar e dar visibilidade a estas persoas e poder compartir un chisco de tempo con elas.
- Horario: os xoves (quincenalmente), de 9:30 a 11 h.
- Prazas: 4