A verdadeira meta das súas actividades deportivas é promover as capacidades de cada participante, redirixindo a atención, non ás súas limitacións, senón a características como a iniciativa, o liderado, a cooperación, o valor e o autocontrol. Igualmente potencian cualidades como a axilidade, a flexibilidade, a resistencia e a coordinación, características que axudan ás persoas con discapacidade intelectual a melloras a súa confianza e autoestima.
Coas xornadas deportivas procuran:
- Proporcionar oportunidades para desenvolver aptitudes físicas.
- Promocionar o deporte base.
- Potenciar a participación das persoas con discapacidade intelectual en actividades deportivas normalizadas.
- Apoiar ás persoas con necesidades especiais, contribuíndo así o desenvolvemento persoal e social.
- 0frecerlles aos participantes posibilidades reais de gañar.
- Adaptar a proba á persoa con discapacidade intelectual, e non a persoa á proba.
- Un sistema de competición para tódalas entidades de persoas con discapacidade intelectual nas diferentes modalidades deportivas.
- Dar maior relevancia aos deportes minoritarios e adaptados ás persoas.
- Ofrecer unha competición adaptada e de calidade.
- Formar ao persoal técnico deportivo para ofertar unha calidade á hora de adestrar.
- Visibilizar na sociedade as capacidades das persoas con discapacidade intelectual.
- Fomentar a colaboración entre entidades que traballan con persoas con discapacidade.
- Abrir á cidadanía as súas actividades, incluíndo deportistas con e sen discapacidade intelectual.
25º Xogos Autonómicos de Atletismo
Evento deportivo que terá lugar o sábado 26 de abril de 2025 e que se desenvolverá nas Pistas de Atletismo da USC. Neste encontro deportivo disputaranse probas como o salto de lonxitude, o lanzamento de pelota (Softball) e diferentes carreiras adaptadas aos niveis das/os atletas.
- Horario: 9 a 20 h.
- Prazas: 20