Acción de voluntariado de la Xunta de Galicia para la difusión de sus programas e iniciativas entre el estudiantado de las tres universidades galegas.
Programa Correspondentes Universitarios/as nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, en colaboración coas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, favorece a difusión da información xuvenil entre o alumnado dos campus universitarios a través do programa Correspondentes Universitarias/os.
Este programa ten por obxecto difundir os diferentes proxectos, accións e iniciativas que a Xunta de Galicia ofrece as mozas e mozos galegos, así como outra información de interese entre o alumnado das tres universidades.
Serán os propios estudantes, como Correspondentes Universitarios, os encargados de transmitir esa información, o que favorece así a súa participación activa tanto na elaboración como na difusión da información entre iguais.
Funcións:
- Difundir entre os teus compañeiros/as de universidade, residencia, club deportivo, contorna de iguais... a información sobre os distintos programas, oportunidades e iniciativas para a xuventude, sobre todo as accións promovidas pola Xunta de Galicia ou pola Universidade.
- Adoptar un rol bidireccional no que informes ao servizo de Información Xuvenil da Xunta de calquera iniciativa ou convocatoria que consideres que merece ser difundida por el.
- Xestionar un taboleiro ou sistema de divulgación da información na túa facultade ou residencia.
- Coorganizar co resto de correspondentes do teu campus unha xornada de información xuvenil.
- Asistir ás reunións de coordinación e formación ás que sexas convocada/o.
O prazo para solicitar a participación no programa estará aberto ata o 31 de outubro de 2025.
A solicitude farase a través do formulario publicado na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia pero se queres que ademais teña recoñecemento académico con créditos tes que cubrir tamén o noso formulario de inscrición publicado nesta páxina.