Ir o contido principal

Checo

O Centro de Linguas Modernas da USC (antigo Instituto de Idiomas 1975-2003) é pioneiro en introducir a aprendizaxe da lingua checa en España no ano 1988.

Actualmente, ofrece Seminarios de curta duración para persoas interesadas nas estadías de estudos na República Checa con programas de mobilidade ou/e sesións de conversa para persoas que queren manter o coñecemento do idioma.  As Conversas de checo teñen periodicidade semestral con comezos da matrícula nos meses de outubro e febreiro.

Matrícula

  • O calendario desta actividade pode variar segundo as necesidades do alumnado matriculado.
  • Os grupos terán un máximo de 15 persoas ou 4 se a actividade sexa impartida en liña.
  • O material de estudo será proporcionado durante as clases.
  • O estudante debe asistir como mínimo ao 80 % das horas de clase e someterse á avaliación correspondente para obter a constancia de aproveitamento do curso.
Período USC Externos
Semestral ou de verán 12h  36 €  42 €
Seguro obrigatorio para persoas alleas á USC, no caso de que o seminario sexa presencial - 17,50€

A matrícula tramítase on line a través da Secretaría Virtual da USC.

Hai que acceder á Secretaría Virtual e localizar apartado de Actividades, cursos e probas; despois premer na ligazón de Oferta e, deseguido, na de Cursos e sesións de conversación de Linguas Modernas (CLM).

Non aplicable | Semestral | 1º Semestre | Santiago

  • 15 Prazas
  • Docencia: KATERINA VLASAKOVA
Grupo A
Martes | 18:00 a 19:00 | Facultade de Dereito | Aula Ático A
Horas presenciais
10
Horas traballo
2
Horas totais
12
Preinscrición na actividade
28/08/2025 - 11/10/2025
Matrícula na actividade
28/08/2025 - 11/10/2025
Desenvolvemento da actividade
14/10/2025 - 09/12/2025
Periodo de apertura e peche das actas
10/12/2025 - 10/01/2026
Prezo xeral
42€
CLM: Estudantes da USC
25.2€
CLM: Comunidade da USC
31.2€
Acceso á matrícula
Secretaría Virtual

Intermedio | Semestral | 2º Semestre | ONLINE

  • 4 Prazas
  • Docencia: KATERINA VLASAKOVA
Grupo A
00:00 a 00:00 | Centro de Linguas Modernas | En liña. Contactar coa profesora katerina.vlasakova@usc.gal
Horas presenciais
10
Horas traballo
0
Horas totais
10
Preinscrición na actividade
02/02/2026 - 27/02/2026
Matrícula na actividade
02/02/2026 - 27/02/2026
Desenvolvemento da actividade
23/02/2026 - 11/05/2026
Periodo de apertura e peche das actas
12/05/2026 - 12/06/2026
Movemento automático de lista
02/02/2026 - 27/02/2026
Prezo xeral
35€
CLM: PAS da USC (con cargo ao seu Plan de Formación)
0€
CLM: Estudantes da USC
10€
CLM: Comunidade da USC
15€
Acceso á matrícula
Secretaría Virtual

Intercambio lingüístico "Café de linguas"

O programa Café de Linguas (CdL) é unha iniciativa promovida polo Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), enmarcada dentro das accións de participación social, voluntariado universitario e promoción da competencia lingüística e intercultural.

Intercambio Lingüístico "TÁNDEM"

O programa TÁNDEM promovido dende o Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela permite establecer contactos lingüísticos entre estudantes internacionais e alumnos do CLM no Campus de Santiago e de Lugo.

Proxecto CHESGA

Conxunto de textos en checo, galego e español dixitalizados e alineados por unidades discursivas, con audio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2025.