O TFG consistirá na elaboración por parte do/da estudante, dun traballo persoal, no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados na titulación. Pode matricularse no TFG se lle resta por cursar un máximo de 75 créditos (excluidos os que corresponden ao TFG)
O TFG do Grao en Bioloxía (3ª edición) ten 12 créditos. A finalidade do TFG é a elaboración individual por parte do estudante dun traballo orixinal onde se integren e desenvolvan os contidos formativos recibidos, capacidades, competencias, e habilidades adquiridas durante os estudos do Grao en Bioloxía. Os TFG a realizar poderán ser bibliográficas, experimenteais ou de outra índole. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados, redacción, presentación e defensa.
Na terceira edición do Grao en Bioloxía hai tres materias de TFG, G1023423 Traballo Fin de Grao (sen mención), G1023424 Traballo Fin de Grao (mención ambiental) e G1023425 Traballo Fin de Grao (mención biosanitaria) Así, os 12 ECTS do TFG da itinerario “Bioloxía Biosanitaria” sumaranse aos 36 ECTS de materias optativas que os alumnos terán que cursar do mesmo itinerario se queren obter dita mención no título. Do mesmo xeito, os 12 ECTS do TFG da itinerario “Bioloxía Ambiental” sumaranse aos 36 ECTS de materias optativas que os alumnos terán que cursar dese mesmo itinerario se queren obter esa mención. O estudantado que non queira realizar ningunha mención terá que matricularse do TFG sen mención
O TFG do Grao en Biotecnoloxia ten 15 créditos. Consistirá nun proxecto ou traballo original (individual o colectivo) do estudante no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas previas do Grao. Os TFGs poderán ser bibliográficos, industriales o de investigación básica ou aplicada. Incluirá como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción e presentación
O alumnado poderá optar por unha destas opcións:
- realizar dous TFG diferenciados nos que as liñas temáticas poden estar relacionadas e nos que cada TFG terá o seu propio titor (pertencente a unha das áreas de coñecemento con docencia en cada titulación).
- realizar un traballo conxunto formado por dúas partes: cada unha destas partes constituirá un TFG e terá o seu propio titor (pertencente a unha das áreas de coñecemento con docencia en cada titulación).
A relación temática entre as partes do traballo conxunto deberase reflectir no título dos TFG correspondentes aos Graos en Química e Bioloxía, seguindo o esquema:
1. TFG do Grao en Química: Título X. Parte A*. Titor 1.
*Oferta destinada exclusivamente ao alumnado do Dobre Grao en Química e Bioloxía e vinculada ao TFG do Grao en Bioloxía co mesmo título.
2. TFG do Grao en Bioloxía: Título X. Parte B*. Titor 2.
*Oferta destinada exclusivamente ao alumnado do Dobre Grao en Química e Bioloxía e vinculada ao TFG do Grao en Química co mesmo título.
Comisión Bioética da Facultade de Bioloxía
DECANO
Jesús López Romalde (presidente da Comisión)
COORDINADORES DE TITULACIÓNS ADSCRITAS Á FACULTADE
Francisco Javier Salgado Castro (coordinador do Grao en Bioloxía)
Javier Sampedro Jiménez (coordinador do Grao en Biotecnoloxía)
Miguel Angel Rodríguez Díaz (coordinador do Máster en Neurociencia)
Manuel Romero Bernárdez (Coordinador do Máster Universitario en Biociencias Moleculares-S)
PROFESORADO MEMBRO DO COMITÉ DE BIOÉTICA DA USC
Isabel Rodríguez-Moldes Rey