Ir o contido principal

TFM

Os Másteres conclúen coa elaboración e defensa pública dun Traballo Fin de Máster (TFM) que debe realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O TFM ten por obxectivo a elaboración dun exercicio integrador ou de síntese que permita aplicar os coñecementos adquiridos nas materias do Máster de modo que está vinculado a ás súas áreas de coñecemento.

O TFM poden ser de tres tipos:

  • Traballo de investigación.
  • Revisión bibliográfica de investigación.
  • Proxecto ou estudo técnico.

O TFM será exposto unha vez que se teña superado o resto das materias do Máster. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.04.2022.