Ir o contido principal

Recursos

Información sobre os recursos do Programa de Doutoramento

Os recursos materiais distribúense entre as Facultades, Centros e Institutos de Investigación onde se atopan os grupos de investigación participantes no Programa:

Estes recursos deben engadirse ao acceso ao equipamento instrumental dos Servizos Xerais de Apoio á Investigación dos que dispoñen as dúas universidades do consorcio:

Universidades e grupos de investigación, tanto da USC como da UVigo, facilitan o acceso ás licenzas de software necesarias para a investigación, tanto xerais como específicas dun tema de investigación (ChemOffice, Mnova, Matlab, etc.). En canto ás bibliotecas, o alumnado ten acceso aos fondos bibliográficos dispoñibles na Biblioteca Xeral da USC e na UVigo, tanto nas súas sedes centrais como nos centros, así como aos recursos electrónicos.

As universidades participantes ofrecen información sobre bolsas, axudas e outra información de interese para os estudantes de doutoramento.

As principais convocatorias están listadas a continuación.

Convocatorias estatais

Axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Axudas para a formación de profesores universitarios (FPU) do Ministerio de Universidades.

Axudas para contratos para a formación de investigadores en empresas (Doutores Industriais) do Ministerio de Ciencia e Innovación.

Convocatorias da Xunta de Galicia

Axudas de apoio á etapa predoutoral

Axudas para o desenvolvemento de teses de doutoramento industriais

Convocatorias da USC

Programa de axudas propias

Convocatorias da UVigo

Programa de axudas propias

Mobilidade

Erasmus+ para estudantes de doutoramento: USC, UVigo

Programa IACOBUS

Máis información

USC / UVigo

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.02.2025.