Remata o prazo da oitava convocatoria Seed Funding de EUniWell para proxectos innovadores e colaborativos

O prazo para presentar propostas á oitava convocatoria do Seed Funding de EUniWell para proxectos innovadores e colaborativos rematará este domingo 16 de marzo. Este é un programa orientado á financiación de proxectos que melloren de xeito significativo o benestar na saúde, na educación, na cultura, na universidade, na esfera persoal ou, en xeral, na sociedade.
Seed Founding persegue que persoal investigador, profesorado, estudantado e persoal administrativo das universidades integradas no consorcio EUniWell colaboren na posta en marcha de proxectos innovadores. As propostas de colaboración deben ser presentadas por persoal ou estudantado de polo menos catro universidades da alianza. Os proxectos seleccionados, que terán unha duración de ata 12 meses, recibirán unha subvención máxima de 25.000 euros a distribuír entre os diferentes socios.
Proxectos seleccionados en edicións anteriores
O programa Seed Funding de EUniWell xa financiou máis de 60 proxectos colaborativos que tiñan como obxectivo promover e mellorar o benestar. Dos nove proxectos seleccionados para financiación na pasada convocatoria, a USC participa en seis, dos cales coordina dous: Geo3DTouch e PSYSUB.