Vías de desenvolvemento laboral
Opción á dotación dunha praza de nivel posdoutoral competitivo que permita a estabilización antes do remate do contrato, garantindo a vinculación coa USC. Este posto será de Profesor Titular de Universidade para persoal investigador Ramón y Cajal acreditados I3 ao remate do seu proxecto.
Este persoal investigador terá a posibilidade de incrementar a súa retribución anual ata un máximo do 40% en función da experiencia e méritos acreditados segundo as capacidades económicas dos grupos, institutos e centros de investigación aos que se adscriba.
Complementariamente, o persoal investigador beneficiario dunha Grant do Programa ERC, poderá sumarse ao Programa OPORTUNIUS, que asegura a súa estabilización competitiva pola Xunta de Galicia mantendo a súa vinculación científica coa USC.
Programa de Persoal Investigador Distinguido
Programa para a incorporación de talento posdoutoral en áreas estratéxicas de investigación da USC.
- Modalidade A: posdoutorado cunha experiencia de 2 anos en centros de I+D distintos a aquel ou aqueles nos que obtivo o título de doutoramento.
- Modalidade B: posdoutorado cunha traxectoria investigadora posdoutoral destacada e non inferior a 3 anos en centros de I+D, españois ou estranxeiros, distintos a aquel ou aqueles nos que obtivo o título de doutoramento.
- Modalidade C: posdoutorado cunha traxectoria investigadora posdoutoral destacada e non inferior a 5 anos en universidades ou centros de I+D, españois ou estranxeiros, distintos a aquel ou aqueles nos que obtivo o título de doutoramento.
Soporte ás Actividades de I+D
Financiación anual para asegurar o desenvolvemento independente da liña de investigación propia: Programa de Proxectos de Excelencia financiado pola Xunta de Galicia
Recursos económicos complementarios á financiación ERC, aportados a través de programa da Xunta de Galicia OPORTUNIUS durante a vixencia do proxecto Starting, Consolidator, Advanced ou Synergy Grants
Apoio á conformación de equipo investigador
Acceso favorable a Programas de incorporación de investigadores predoutorais financiando a contratación de persoal investigador en formación durante 4 anos.
Acceso priorizado aos programas de investimento en Infraestruturas Científicas
Medidas de “Benvida Científica”
Incentivos económicos aplicables a gastos de establecemento e inicio de actividade (traslados, gastos básicos de laboratorio, servicios científico-técnicos, acceso a infraestruturas singulares, bases de datos, etc.)