21.06.2025 | 11.00h-13.00h

Obxectivos
- Valoraremos os beneficios que as plantas poden aportar aos seres humanos
- Coñeceremos as diferentes características e curiosidades das distintas especies ligadas a esta tradición.
- Identificaremos as plantas de San Xoán.
- Poremos en valor os espazos naturais da cidade de Santiago.
Metodoloxía
Descubrimento a través de actividades e xogos
Responsable
Sabela Pérez, bióloga
Idade
Rapaces e rapazas de 6 a 12 anos
Tamaño dos grupos
Máximo 25 participantes. É necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro.
Data e horario
Sábado 21 de xuño, de 11 a 13 horas
Prezo
5€ por persoa
