Os premios serán entregados no acto de inauguración da exposición das mellores fotografías, previsto para o xoves 10 de xullo

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC vén de nomear aos gañadores do V Concurso de Fotografía da Natureza: litoral galego, que se desenvolveu nos meses de abril e maio de 2024. O primeiro premio, de 300 euros, foi para José Luis Gigirey polo seu traballo titulado Feridas; o segundo, de 200 euros, para Óscar Vallejo, pola fotografía Morados costeros al atardecer; e o terceiro, de 100 euros, ademais do premio de fotografía denuncia dotado con outros 100 euros, para Antonio Soto Rey por Plástico y plástico.
O xurado estivo formado por afeccionados con coñecementos fotográficos. Os premios serán entregados no acto de inauguración da exposición das mellores fotografías do concurso, que terá lugar o xoves 10 de xullo ás 18:30 horas no Museo de Historia Natural da USC.