Ir o contido principal

Visitas guiadas ao MHN - xullo 2025

01.07.2025-29.07.2025

MHN
MHN

Durante o mes de xullo, o Museo de Historia Natural abrirá as súas portas con percorridos guiados para persoas que desexen asistir pola súa conta. Todos os martes e venres, de mañá e de tarde, realizaranse visitas guiadas para todos os públicos. Visitantes de todas as idades, coñezan xa ou non as exposicións que alberga o museo, poderán descubrilo un pouco máis a fondo a través deste novo formato. Estes tours guiados de hora e media, permitirán ademais o acceso a salas máis alá das exposicións. Para asegurar unha praza na data, é indispensable realizar inscrición previa na ligazón.

Datas
Galego: martes 1, 8, 15, 22 e 29; venres 4, 11 e 18 e xoves 24 de xullo ás 11:00 e ás 17:00.
Castelán: martes 1, 8, 15, 22 e 29; venres 4, 11 e 18 e xoves 24 de xullo ás 11:00 e ás 17:00.
Inglés: xoves 3, 17 e 31 ás 17:00.

Duración
Visitas guiadas de 1:30h polas instalcións do museo, con acceso a salas a maiores que a entrada xeral.

Público 
Visitantes de todas as idades que desexen saber un pouco máis do museo e velo dun modo diferente.

Aforo máximo 
30 persoas.

Prezo 
5€ (a abonar no momento da visita); menores de 3 anos de balde.

Prégase chegar con 10-5 minutos de antelación (para realizar os pagos, irnos xuntando e poder comezar puntuais).

Política de cancelación: todas as visitas están suxeitas a cancelación de non acadarse un mínimo de 10 visitantes con praza reservada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.07.2025.