Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Varios membros do equipo do Proxecto Nós resultan galardoados nas últimas semanas

Pablo Rodríguez e Antonio Moscoso
Pablo Rodríguez e Antonio Moscoso
Os nosos compañeiros Pablo Rodríguez e Antonio Moscoso recolleron cadanseu premio

O pasado xoves 11 tivo lugar na Escola Superior de Enxeñería (ETSE) unha celebración que premiaba os mellores traballos do estudantado correspondentes ao curso 2022-2023. Entre os galardoados  estivo o noso compañeiro Pablo Rodríguez, que recolleu un dos tres premios a mellor TFG no grao en Enxeñaría Informática polo traballo Tradución automática neuronal para o galego baseada en modelos multilingües.

Así mesmo, o xoves 18 celebrouse no Paraninfo da Universidade a entrega de premios á calidade lingüística, que recoñecen os mellores traballos académicos escritos en galego. No evento, o noso compañeiro Antonio Moscoso recolleu o premio na modalidade de TFG correspondente á área de Enxeñería e Arquitectura polo seu traballo Elaboración de novos modelos de síntese de voz para o idioma galego empregando técnicas de deep-learning.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.04.2024.